sábado, 1 de decembro de 2012

Os biosbardos



Os biosbardos son unha figura mitolóxica existente en Galicia coa que se adoita gastar bromas aos non iniciados na súa caza.

Na broma, que normalmente é gastada a algunha persoa foránea, invitase ao non iniciado a ir cazar biosbardos durante a vindeira noite, para a cal deberá de levar un saco e un pau. Unha vez de noite, haberá que levalo a un sitio escuro, mandarlle abrir o saco a ras de terra  ou nalgún burato e coa escusa de ir espantar os biosbardos para que vaian para o saco marchar e non volver máis. Deixándoo alí ó inocente durante toda a noite.

Existe unha rima para poder cazar o biosbardos, que moitas veces o incauto quedaba repetindo toda a noite:

Biosbardo
ven o saco
que a alpabarda
por ti agarda

A súa orixe parece estar relacionada con algún posible ritual iniciático da caza, onde para formar parte dese grupo de cazadores o non iniciado tería que pasar unha noite só na escuridade.
Seres semellantes ós Biosbardos son: Os gamusinos, espallados por diversos puntos da península e Cuba; os dahu, da rexión alpina de Francia, da Suíza e Italia francófonas e o tamarro de Cataluña e Andorra 

1 comentario:

Xosé Ramón Reigada Prado dixo...

Polo Riós tamén están os Meimós, deben de ser da mesma familia !
Logo están as Póutigas, mais estas hai que buscalas entre as queirugas aló polo mes de maio
Saúdos