Voltamos con unha serie de fotografías aéreas onde podemos comprobar os cambios urbanísticos que sufriu Verín nos últimos 70 anos. Pasando dunha aldea de val á vila máis grande do sur de Ourense.
(Fai click nas fotografías para aumentar o seu tamaño)
![](//2.bp.blogspot.com/-bfx6WGFJTNU/VGAAcK7NHtI/AAAAAAAABPw/XpGke172TP4/s1600/Voo%2Bamericano%2BSerie%2BA%2B1945-1946-1.jpg) |
Voo americano serie A 1945-1946 |
Nesta primeira fotografía, tomada entre os anos 1945 e 1946, Verín pouco máis abarca que o que hoxe se denomina o "Casco Vello. Algúns edificios que actualmente se encontran integrados no núcleo urbano, como o balneario de Fontenova ou o cemiterio, atopábanse daquela nas aforas de Verín. Observase tamén que a Avda. de portugal e a Avda. de Laza estaban arboladas.
![](//2.bp.blogspot.com/-PISZmh9h2Dw/VGAAj_cKrKI/AAAAAAAABQQ/sRfV48O3ND0/s1600/voo%2Bamericano%2Bserie%2BB%2B1956-1957-2.jpg) |
Voo americano serie B 1956-1957 |
Dez anos despois xa é visible o crecemento de Verín que comeza a espallarse pola Avda. de Portugal, a Rúa Laureano Peláez, a Avda. de Sousas e a Avda de Castela. Comezan a construírse chalets na Avda. de Portugal e desaparecen as arbores da Avda. de Laza.
![](//2.bp.blogspot.com/-88ILtmvLT3k/VGAAcJWD-CI/AAAAAAAABPs/6bhRvH7PvAg/s1600/Voo%2BInterministerial%2B1973-1986-3.jpg) |
Voo interministerial -1973-1986 |
A finais dos anos 70 o crecemento da vila xa é notable, urbanízanse novas zonas como a Rúa Espido, os terreos que separan a Avda. de Sousas coa Avda. de Castela ou a Rúa S. Antón. Aparece o Parador e desaparecen as rúas arboladas.
![](//3.bp.blogspot.com/-B5kVG67I0Ro/VGAAbnWEi-I/AAAAAAAABPo/ul__0EZLdQ4/s1600/Voo%2Bnacional%2B1980-1986(abril%2B85)-4.jpg) |
Voo nacional 1980-1986 (fotografía de abril de 1985) |
A mediados dos anos 80 Verín segue a crecer a un gran ritmo, os maiores cambios constátanse na Avda. de Portugal e de Laza, aparece o parque da Alameda e xa se empeza a observar o embrión do que despois será a Rúa Deputación.
![](//4.bp.blogspot.com/-GCE2dppoilk/VGAAhlfrlXI/AAAAAAAABQI/dNYRzdEcNPM/s1600/google%2B2000-7.jpg) |
Fotografía por satélite de Google (ano 2000) |
A comezos do novo milenio o crecemento urbanístico de Verín é extraordinario, rúas que 15 anos antes non existían, como a Rúa Deputación ou a Rúa Irmáns Moreno xa están totalmente urbanizadas, a maiores Verín continua expandíndose polas avenidas de Laza, Portugal e Castela.
![](//4.bp.blogspot.com/-3_etQ4Nyc2U/VGAAd0TX0JI/AAAAAAAABQA/hMhkrrxoh_c/s1600/actual%2B2011.JPG) |
Fotografía IGN (ano 2011) |
E chegamos a actualidade, a expansión urbanística da Verín sofre un gran freazo, a construción de novos inmobles comeza a decaer, deixándose de edificar nas aforas da vila para edificar solares baleiros que quedaran no centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario