mércores, 30 de novembro de 2011

Foto de 1921 da Atalaia dende o castelo

Rebuscando en hemerotecas para próximas publicacións encontrei nun artigo de 1921 sobre os cigarróns (do cal xa falarei mais adiante) esta foto onde se pode ver a Atalaia nun estado moito mellor do que a podemos encontrar hoxe en dia

venres, 25 de novembro de 2011

A cova dos mouros

O castro e o Castelo de Lobarzan e moi probablemente a zona arqueolóxica mais importante de toda a comarca de Monterrei, eles solos podería dar para mais dunha ducia de entradas no blog e se me descoido para un libro.

Pero hoxe quero centrarme  nunha cova que alí se encontra, falo da “Cova dos Mouros”, unha das poucas covas naturais da nosa contorna. Este refuxio natural, existente dende tempos inmemoriais, foi testigo de gran parte da historia humana da nosa comarca dende o Calcolítico ou “Idade de Cobre” hasta a idade media
A entrada da cova é o sitio mais estreito do refuxio e para poder acceder hai que reptar por un pequeno burato, xa no seu interior, e coa lanterna acendida, pódese observar a Cova dos Mouros  en todo o seu esplendor. Tratase dunha galería de aproximadamente 7 metros e medio de lonxitude, cunha altura que nalgúns sitios case chega os 3 metros e cunha anchura máxima de 3 metros e medio. Na parte media da cova hai dúas pequenas aberturas naturais que permiten que entre algo de luz e ventilan a cova. O chan é de terra agás no final da cova que esta formado por pequenas pedras e nel pódese observar restos de tella e incluso algún resto de cerámica.
Nunha interesante investigación feita por Antolín Gómez Fernández e Montserrat Vázquez Domínguez atopouse mais de un centenar de fragmentos cerámicos pertencentes a época romana, que era a única época que entraba na investigación, así como asas e regulas. Por ultimo nesa mesma investigación titulada: LA OCUPACIÓN ROMANA DEL YACIMIENTO DE CASTELO DE CHÁS: «A COVA DOS MOUROS» (OÍMBRA, OURENSE) falase da posibilidade de que houbera unha estructura no exterior da cova que funcionara a modo de atrio, e que o seu interior fora un lugar sagrado, tamén comentan as posibilidades que podería ofrecer o abrigo para o descubrimento de gravados rupestres, pero polo o de agora non existiron os medios técnicos necesarios para dita investigación




mércores, 9 de novembro de 2011

O castelo, a atalaia e ¿Forte de S. Salvador?

Saúdos:

Para dar como inaugurado o blog e como xa está cerca o magosto e moita xente vai ir a atalaia, hoxe vou falar do  Forte de S. Salvador, un esquecido e xa case desaparecido baluarte defensivo do castelo de Monterrei.
A 1600 metros do castelo de Monterrei dirección nor-noroeste atopábase este forte, é dicir, xusto no altiño do monte de S. Salvador e do cal colle o seu  nome. Case non existen datos deste forte e nin tan sequera e seguro  que algunha vez estivera rematado. No ano 1994, Xerardo Dasairas no seu libro: “Monterrei 1494-1994” aseguraba que este forte foi proxectado pero nunca chegou a construírse, inda así, describía as  técnicas de fortificación do proxecto, que según el contarían con: Bóvedas a proba de bombas para 200 homes, bóvedas para almacenar bombas, repostos de pólvora, corpos de Garda, pavillóns e habitacións para o gobernador e oficiais, galerías e cisterna. Non foi ata o ano 2008, cando un artículo do laboratorio de patrimonio da Universidade de Santiago titulado: “análisis y recuperación de un paisaje urbano fortificado en la villa de Verín” deu cos restos do Forte o examinar unhas fotografías aéreas do ano 1956, na que se podía ver a súa planta estrelada.
Hoxe en día, por unha parte do forte pasa un corta fogos e a outra parte e case imperceptible "in situ", pero sempre podemos facer de investigadores, coller o Google Earth irnos ó monte de S. Salvador, buscar as cordeadas: "41°57'29.79"N    7°27'47.84"O"  e se tes instalada a función cronolóxica, buscar a foto do 13 de outubro do 2006.
Pero se non tedes ganas de ir o Google Earth, aquí vos deixo a foto:

martes, 8 de novembro de 2011

Presentación

Saúdos a todos:
Son un pequeno historiador da comarca de Monterrei e este e o meu blog, un blog que intentara suplir o baleiro existente en internet sobre a historia da comarca, a vez que pretende servir como aglutinador dos pequenos pedazos de historia que deambulan por as paxinas das aldeas, foros e hemerotecas web.
Nos próximos dias publicarei o primeiro articulo e xa poderedes  comprender mellor a idea coa que foi creado este blog