Volvemos de novo
cun pequeno artigo sobre o significado dos nomes das aldeas da nosa comarca:
Castrelo do Val: Este topónimo provén
da palabra latina “Castrum” máis o sufixo diminutivo “elo”. Este termo latino “Castrum”,
tan ben pode significar castro como
calquera outro tipo de fortificación.
Marbán: Este parece ser un dos poucos
topónimos de orixe árabe que se encontran na nosa comarca. Provén do nome
propio Marwan, que posiblemente fose o posuidor desas terras
Gondulfes: A orixe deste topónimo e
claramente xermánica. Segundo Dasairas este topónimo esta formado por dúas
palabras, “Gond” que significaría loita e “ulfes” que provén de wulfs e que significaría lobo.
Espiño: Este nome deriva do latín “Spinu”, que é un fitotopónimo que pode designar
distintas especies botánicas.
Rubios: Este topónimo procede da
palabra latina “Rubeus” co
significado de Vermello ou avermellado.
Rexosende: É outro dos exemplo de nome
de aldea que temos na comarca cun claro orixe xermánico. A terminación “sende” esta claramente identificada
como senda ou camiño, pero a primeira parte desta palabra xa non ten un
significado tan claro, polo que, este topónimo tanto pode indicar unha senda
tenebrosa como un camiño real.