No 1972, o insigne arqueólogo Xesús Taboada Chivite publica no número 2 do Boletín Auriense un artigo titulado: “De re epigraphica. Dos epígrafes en Rabal (Oímbra, Verín)”. Baseandome no que alí deixou escrito e nalgúns artigos posteriores ó del, hoxe quero falar nesta publicación de dúas pedras que se atoparon na aldea de Rabal e que hoxe se atopan no Museo Arqueolóxico de Ourense.
LÁPIDA DE SEMPRONIA
Cando Chivite visita Rabal esta lapida estaba en propiedade de Amador Ribero (Pinchín). A lápida estivera facendo de mesa no altar da igrexa ata 1971 cando o arranxar a igrexa apareceu por baixo de un intenso caleado.
A lapida, datada no século I d.c., é de forma rectangular dun mármore amarillento e fragmentada na súa parte esquerda. Os bordes están erosionados e con algunha falta. Unha franxa de pequenos repliques enmarca a inscripción polo lado superior e o dereito. Mide 77 cm de ancho por 44 cm de altura e 14 cm de groso. A inscripción que aparece na lápida está composta por catro liñas con letras dun tamaño regular de 6 cm de altura na cal se pode ler: BIVS. QVIR / S SEMPRONIAE / V NAE MATRI / MPRONIAE. Segundo Rodríguez Colmenero, a súa tradución sería: Fabio, da tribu Quirina, fai esta dedicatoria a Sempronia, súa nai, e a Sempronia....
ARA OS LARES DO VAL
Segundo Chivite, cando visitou Rabal para o estudo da anterior lápida, o dono desta informoulle da existencia dunha pedra: “Na que parecían advertirse borrosamente algunhas letras”.
Trasladado ó lugar da súa ubicación, atopou ó pé dun muro unha ara que según o seu comunicante estivera ata facía poucos anos de base nun cruceiro de madeira. O devandito cruceiro achábase na encrucillada de dous camiños: un que conduce á aldea portuguesas de Vilarelho dá Raia e outro que rodea ao pobo de Rabal. Ó arredor deste cruceiro daban volta as procesións para tornar a igrexa de Rabal.Esta ara ten unhas dimensións de86 cm de alto 36 cm de ancho e 30 cm de grosor. Cunha forma de bloque prismático e cunha cornixa fragmentada que propiciou a perda da primeira liña de texto.
A inscripción, o igual que a lápida de Sempronia, está formada por catro liñas con letras de6 cm . de altura na cal pódese ler: VA R / C SV / VIT EN / V S L M. Segundo Rodríguez Colmenero a súa tradución sería: Ulacio Souseno cumpriu o seu voto, de libre vontade, aos Lares, (aos deuses), da bisbarra (Val do Támega).
LÁPIDA DE SEMPRONIA
Cando Chivite visita Rabal esta lapida estaba en propiedade de Amador Ribero (Pinchín). A lápida estivera facendo de mesa no altar da igrexa ata 1971 cando o arranxar a igrexa apareceu por baixo de un intenso caleado.
Foto: Fernando del RÍO MARTÍNEZ |
ARA OS LARES DO VAL
Segundo Chivite, cando visitou Rabal para o estudo da anterior lápida, o dono desta informoulle da existencia dunha pedra: “Na que parecían advertirse borrosamente algunhas letras”.
Foto da ara publicada por Taboada Chivite |
Trasladado ó lugar da súa ubicación, atopou ó pé dun muro unha ara que según o seu comunicante estivera ata facía poucos anos de base nun cruceiro de madeira. O devandito cruceiro achábase na encrucillada de dous camiños: un que conduce á aldea portuguesas de Vilarelho dá Raia e outro que rodea ao pobo de Rabal. Ó arredor deste cruceiro daban volta as procesións para tornar a igrexa de Rabal.Esta ara ten unhas dimensións de
Lugar onde se atopaba o cruceiro de Rabal |
A inscripción, o igual que a lápida de Sempronia, está formada por catro liñas con letras de
A ara no museo ourensan Foto: Fernando del RÍO MARTÍNEZ |