venres, 21 de febreiro de 2014

A catástrofe hoteleira do castelo de Monterrei

Imaxes da presentación e dos planos do parador que a Xunta pretende facer no castelo de Monterrei


Habitacións na primeira planta 
Distintas vistas do Pazo das Damas

Planta do recinto
Diapositiva da presentación das habitacións da primeira planta

Diapositiva da presentación das habitacións da casa rectoral



Planos e vistas da casa rectoral

Planos e vistas do Pazo das Damas

O Sr. Feijoo presentando o proxecto



Idem



martes, 18 de febreiro de 2014

O SILENCIOSO HOTEL DO CASTELO DE MONTERREI

Artigo publicado no periódico "Barrios" do mes de febreiro

Vai xa para dous meses que se coñeceu a noticia de que a Xunta quería converter o Castelo de Monterrei
nun hotel, dous meses dende que nos decatamos de que detrás dese andamiaxe que cobre o castelo non estaba o arranxo dun ben de interese cultural, o que había detrás dos andamios era a súa privatización.
Dous meses pode parecer pouco tempo, pero dous meses de silencio son unha eternidade. Durante todo este tempo ninguén nos explicou a grandísima idea de construír un hotel a 500 metros dun parador de turismo que din que non é viable. Non houbo quen dera resposta a que pasará despois coa xente que queira visitar o castelo. Ninguén saíu a explicarnos por que se gastan fondos europeos nun negocio que lle fará unha competencia atroz a os hoteleiros da comarca. Non se aclarou como poden facer un hotel si a cesión do castelo á Xunta de Galicia non contemplaba o seu uso lucrativo. É que nin tan sequera houbo  quen confirmara que querían instalar un hotel no castelo de Monterrei.
Ninguén explica nada, ninguén di nada. Nin por parte dos que gobernan nin por parte da oposición, con respecto a nosa fortaleza só existe silencio. Un silencio incómodo onde os haxa, un deses silencios que te fan tremer de medo. ¿Queren gastar no castelo uns cantos millóns de euros pero non o publicitan? Algo non cadra nesta historia.

De mentres calan, todo segue para adiante.  A principios do mes de xaneiro  foi adxudicado o proxecto para o uso hoteleiro do castelo a unha empresa de Santiago, pero iso si, totalmente en silencio.

luns, 3 de febreiro de 2014

Quince razóns polas que o castelo de Monterrei non debería converterse nun complexo hoteleiro




  1. Por que o Castelo de Monterrei é o símbolo da nosa comarca.
  2. Por que non se deberían usar fondos públicos para o beneficio de uns poucos.
  3. Por que se din que o Parador non é rentable, difícilmente sería rentable este novo hotel.
  4. Por que todo o mundo debería poder visitar o castelo é non só o que poida pagar unha habitación.
  5. Por que non existe a necesidade de crear máis prazas hoteleiras na nosa comarca.
  6. Por que suporía o peche do Parador de turismo.
  7. Por que se pecha o parador de turismo a ver que se fai co edificio onde esta asentado.
  8. Por que nunca máis se vería o castelo iluminado pola noite (sería imposible durmir dentro del con tanto lucerio).
  9. Por que o castelo ten que ser de todos.
  10. Por que para facer as habitacións teñen por forza que abrir buratos nos muros da fortaleza para pasar os tubos da fontanería, cable da luz e esas cousas.
  11. ¡Por que hai un parador de turismo ó lado do castelo!
  12. Por que o castelo non necesita ser lucrativo para se útil.
  13. Por que o Castelo de Monterrei debería converterse no museo da nosa comarca e non nun hotel para uns cantos.
  14. Por que na cesión do castelo por parte da administración xeral do estado á Xunta de Galicia só se contempla o seu uso con fins culturais.
  15. E por último e máis importante: ¡Por que si os da Xunta creeran que un hotel no castelo podería ser beneficioso  para a comarca andariano anunciando a bombo e platillo e non andarían facendo as cousas a escondidas do pobo!