- Por que o Castelo de Monterrei é o símbolo da nosa comarca.
- Por que non se deberían usar fondos públicos para o beneficio de uns poucos.
- Por que se din que o Parador non é rentable, difícilmente sería rentable este novo hotel.
- Por que todo o mundo debería poder visitar o castelo é non só o que poida pagar unha habitación.
- Por que non existe a necesidade de crear máis prazas hoteleiras na nosa comarca.
- Por que suporía o peche do Parador de turismo.
- Por que se pecha o parador de turismo a ver que se fai co edificio onde esta asentado.
- Por que nunca máis se vería o castelo iluminado pola noite (sería imposible durmir dentro del con tanto lucerio).
- Por que o castelo ten que ser de todos.
- Por que para facer as habitacións teñen por forza que abrir buratos nos muros da fortaleza para pasar os tubos da fontanería, cable da luz e esas cousas.
- ¡Por que hai un parador de turismo ó lado do castelo!
- Por que o castelo non necesita ser lucrativo para se útil.
- Por que o Castelo de Monterrei debería converterse no museo da nosa comarca e non nun hotel para uns cantos.
- Por que na cesión do castelo por parte da administración xeral do estado á Xunta de Galicia só se contempla o seu uso con fins culturais.
- E por último e máis importante: ¡Por que si os da Xunta creeran que un hotel no castelo podería ser beneficioso para a comarca andariano anunciando a bombo e platillo e non andarían facendo as cousas a escondidas do pobo!
Blog dedicado a comarca de Monterrei e a sua historia, dende os primeiros poboadores ata o seculo XX
luns, 3 de febreiro de 2014
Quince razóns polas que o castelo de Monterrei non debería converterse nun complexo hoteleiro
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Estamos en mans de rufians, mellor non albergar demasiadas esperanzas.
Todalas razóns son d peso.o p...o problema eq eiqi o unico q conta son os peso$
Porque é uma "horterada", que evidencia vulgaridade e falta de imaginação.
Decirnos que es por interés público...nos toman por tontos....tajada para unos pocos. Porqué un hotel?? Porque no una biblioteca, un centro social, aulas taller, abierto a todo el publico. Lo dicho nos toman por tontos
Completamente de acordo.!!!!
No seria mejor poner en valor la villa medieval, con comercios artesanales y productos típicos de la tierra? Crear un sitio de interés turístico y reabrir el parador
O pobo tiña que ir a derribar o andamiaxe sen mais demora. Canto custaría facer hoxe o Castelo tal cual é?
Unha pandilla de zopencos é o que somos, uns por facer a burrada e outros por permitíla. Gamonal señores.
Si é para parar ese escándalo conten conmigo.
Sería un auténtico desastre e outra cacicada máis. Temos a mellor fortaleza de Galicia (e de parte do estranxeiro) e só se lles ocorre este disparate para poñela en valor... dos de sempre. Ogallá sexamos quen de reaccionar, pero non son moi optimista.
Publicar un comentario