Volvemos de novo
cun pequeno artigo sobre o significado dos nomes das aldeas da nosa comarca:
Castrelo do Val: Este topónimo provén
da palabra latina “Castrum” máis o sufixo diminutivo “elo”. Este termo latino “Castrum”,
tan ben pode significar castro como
calquera outro tipo de fortificación.
Marbán: Este parece ser un dos poucos
topónimos de orixe árabe que se encontran na nosa comarca. Provén do nome
propio Marwan, que posiblemente fose o posuidor desas terras
Gondulfes: A orixe deste topónimo e
claramente xermánica. Segundo Dasairas este topónimo esta formado por dúas
palabras, “Gond” que significaría loita e “ulfes” que provén de wulfs e que significaría lobo.
Espiño: Este nome deriva do latín “Spinu”, que é un fitotopónimo que pode designar
distintas especies botánicas.
Rubios: Este topónimo procede da
palabra latina “Rubeus” co
significado de Vermello ou avermellado.
Rexosende: É outro dos exemplo de nome
de aldea que temos na comarca cun claro orixe xermánico. A terminación “sende” esta claramente identificada
como senda ou camiño, pero a primeira parte desta palabra xa non ten un
significado tan claro, polo que, este topónimo tanto pode indicar unha senda
tenebrosa como un camiño real.
3 comentarios:
moi boa entrada
Hola son a bisneta de German Dacal unha persoa que viviu en Infesta e segun as historias da familia unha persoa importante e moi querida na comarca gustariame saber algo mais e xa que vexo que che gusta investigar sobre a tua comarca agradeceriache que me puideses contar algo mais sobre o meu bisavo. Tivo 9 fillos e casou duas veces eu son neta dun dos seus fillos mais novos que tamen se chamaba German eera da segunda muller chamada Matilde. Moitas grazas
Noemi, vou investigar haber si encontro algo. si podes ponte en contacto con migo polo facebook ou twitter
Publicar un comentario