Artigo publicado no periódico "Barrios" do mes de febreiro
Vai xa para dous meses que se coñeceu a noticia de que a
Xunta quería converter o Castelo de Monterrei
nun hotel, dous meses dende que
nos decatamos de que detrás dese andamiaxe que cobre o castelo non estaba o arranxo
dun ben de interese cultural, o que había detrás dos andamios era a súa
privatización.
Dous meses pode parecer pouco tempo, pero dous meses de
silencio son unha eternidade. Durante todo este tempo ninguén nos explicou a
grandísima idea de construír un hotel a 500 metros dun parador de turismo que
din que non é viable. Non houbo quen dera resposta a que pasará despois coa
xente que queira visitar o castelo. Ninguén saíu a explicarnos por que se
gastan fondos europeos nun negocio que lle fará unha competencia atroz a os
hoteleiros da comarca. Non se aclarou como poden facer un hotel si a cesión do
castelo á Xunta de Galicia non contemplaba o seu uso lucrativo. É que nin tan
sequera houbo quen confirmara que querían
instalar un hotel no castelo de Monterrei.
Ninguén explica nada, ninguén di nada. Nin por parte dos que
gobernan nin por parte da oposición, con respecto a nosa fortaleza só existe
silencio. Un silencio incómodo onde os haxa, un deses silencios que te fan
tremer de medo. ¿Queren gastar no castelo uns cantos millóns de euros pero non
o publicitan? Algo non cadra nesta historia.
De mentres calan, todo segue para adiante. A principios do mes de xaneiro foi adxudicado o proxecto para o uso
hoteleiro do castelo a unha empresa de Santiago, pero iso si, totalmente en
silencio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario