Nesta nova publicación saímos da nosa
comarca de referencia para visitar a veciña comarca da Limia, e máis
concretamente, a aldea de Trandeiras. Este pobo contén unha das visitas
ineludibles da nosa zona, nel atópanse as ruínas dun antigo mosteiro, o chamado
“Mosteiro do Bon Xesús”.

O Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras empezouse a construír no ano 1520, e tres anos despois de comezar coa obra, e a pesar de inda non estar rematado o mosteiro, xa vivían nel uns frades franciscanos xunto con un gardián. A obra é de estilo tardío gótico-portugués (Manuelino) con elementos renacentistas, e como curiosidade sobre a súa fundación, existe un escrito de esa época onde afirma que o conde de Monterrei D. Fernando de Andrade mandou ata alí mil homes armados temendo que o que se estaba a construír fora un castelo que rivalizase co seu condado.


Hoxe en día, moitas das pedras e da madeira do mosteiro desapareceron para pasar a formar parte de outras construcións ou xardíns. Pero os restos que alí quedan conforman un cadro precioso que parece sacado da mente de un pintor do romanticismo, unha paisaxe digna de ser visitada e admirada.