sábado, 24 de marzo de 2012

Posible cabeza castrexa en Mandín

A primeira información desta publicación chegou a nós por unha veciña da aldea de Mandín, ela, xa velliña, falaba do "Castro de Moreiroa". Dicía que cando  era pequena inda se podía ver algúns restos de casas naquela zona e que fora a reforestación a que acabara con todo, entón deixou caer, sen darlle importancia, que unha casa da familia fora feita con aqueles restos e, entre as súas pedras, había unha coa forma dunha cara. Gracias a recente lectura de:  "A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa " de Calo Lourido  enseguida se me veu a mente a posibilidade de que se tratase dunha "Cabeza Castrexa".

As cabezas castrexas son un dos restos arqueolóxicos con máis interrogantes, segundo a "Enciclopedia  Galega Universal"  a súa definición é: Esculturas en pedra procedentes dos castros galegos e portugueses ou do seu contorno sen un encadramento cronolóxico definido, aínda que semellan formar parte dunha koiné artística mediterráneo-romana de ó redor do s I d C. O feito de non ter un encadramento cronolóxico definido e considerando que Calo Lourido das 23 pezas que el denomina "Cabezas humanas" so dúas foron encontradas nunha excavación arqueolóxica , fai que a súa inclusión na plástica da cultura castrexa sexa cuestionada por algúns historiadores.
A cabeza castrexa máis próxima a nos da que se ten constancia apareceu no museo de Chaves, e digo ben, si, apareceu no museo, pois ninguén sabe de onde saíu e un día encontrárona alí sen catalogar.
Fotografía da cabeza de Chaves sacada do libro
"A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa"

A casa onde se atopa a cabeza castrexa de Mandín encontrase no casco vello desta aldea, case enfronte a porta lateral que ten a igrexa. Da casa só queda en pe a fachada, e non por moito tempo pois moitas das pedras están crebadas e cheas de musgo. En canto levantas un pouco a vista alí a ves, devolvéndoche a mirada. A cara está nunha pedra que foi claramente reutilizada, é a única que sobresae da fachada. Na parte superior ten un pequeno listón que sobresae da pedra e a cara está mirando cara baixo.


Non son eu tan estudoso nin tan arrogante como para asegurar que a cara sexa castrexa, pero unha cousa é certa, é unha pedra ben curiosa, sobre o encadramento cronolóxico terán que falar outros que se adican a iso pero eu recomendo a quen poida que se acerquen a vela, aínda que só sexa por si cae a casa e destrue a peza.



10 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi bo artículo, . unha peza arqueolóxica ben curiosa.

Anónimo dixo...

Sim home, sim: romano-mediterraneas de tudo. Ainda nom vistes o 'made in Italy' que levam no cu.. ? ;)

Anónimo dixo...

Vamos, a última moda na plástica de Pompeya e os rasgos mediterraneos de toda a vida, vamos, unha imitación de montuniños apapanatados que te eran los castrejos, pero romano tirando a romano, como todo lo prerromano que hay en Galicia.

Anónimo dixo...

pero podese saber que queredes decir...si sabedes algo que os demais non saibamos contadeo home...que no pasa nada...

Anónimo dixo...

Negar a propia persoalidade dunha cultura (a cultura castrexa), incluso na plástica, e tratar de asignar sen máis e de xeito automático as suas expresións a un outro contexto cultural (o romano), é absurdo, ridículo, cando non unha mágoa. A asignación destas expresións ao contexto romano negando por sitema o factor indixena, non é máis que o encaixe con calzador de conxeturas fantasiosas, ou o que é o mesmo, a perpetuación de mitos historiográficos carentes de fundamento.

Andrés Diz dixo...

Mira que vos sentou mal o de Mediterraneo-romana, pero eu eso copieino dunha enciclopedia como ben digo no articulo. Se vos fixades a definicion quere decir: Obra do mundo (daquela non habia mais mundo que o mediterraneo-romano e colindante)e igual foi feito onte a noite (sen un encadramento cronoloxico). É moi mala definición peor queixadevos a enciclopedia galega universal.

Anónimo dixo...

Ademais, sen ningunha dubida as Artes Plasticas non eran unha das cualidades Castrexas, non hai nada mais que ver as representacion antropomorxicas dos petroglifos

Anónimo dixo...

Claro que si. Todo lo prerromano era auténticamente gallego. ¿De dónde ha salido esta placa de cinturón del castro de Torroso del siglo VII a.c.?
Por otra parte, el castro romanizado de Moreiroá ha dado denarios, bases de columnas romanas, esta cabeza, molinos de mano enteros...

石头 dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Anónimo dixo...

http://pictures2.todocoleccion.net/tc/2009/03/28/12781186.jpg