O Circo é un extraño castro que se atopa no monte do seu mesmo nome. É extraño por varias causas: primeiro, pola súa única muralla case perfectamente circular e que máis parece un bancal que unha muralla, segundo, por que a croa do circo non se atopa achatada, como sería normal nun castro, senón que conserva a feitura do monte, e por último, por que non se atopa ningún resto do castro dentro das murallas.
Pero este artigo non vai sobre o castro do circo, tera que esperar a novas investigacions para poder falar con máis propiedade sobre el, senón dunha mina que se atopa ladeira abaixo xunto o regato do mesmo nome: A mina do circo.
Non puiden encontrar ningunha información sobre esta mina. Pola exploración que dela fixemos, trátase dunha galeria con sección abovedada de 1´5 metros de diámetro, a galeria escávase en liña recta por baixo do monte do Circo e despois duns 10 metros divídese en tres brazos facendo forma de cruz latina, os brazos sur e leste apenas teñen 5 metros de largo, pero o brazo que se abre ó norte ten case 15 metros de lonxitude e dela nacen outra dúas galerías superiores as cales non fomos capaces de chegar.
Por riba da mina, atópanse varias escombreiras, varias fosass que parecen ser de extracción a ceo aberto, un respiro da mina, que debe dar a algunha das galerias superiores xa que non a vimos na exploración interna e unha pequena caseta.
Pouco máis se pode decir desta mina, observando antigas fotografías aéreas podemos observar que no voo americano de 1945 non se aprecia pero si no voo americano de 1956.
|
Diferencias entre 1945 e 1956 |
|
Regato do Circo |
|
Regato do Circo |
|
Regato do Circo |
|
Regato do Circo |
|
Regato do Circo |
|
Regato do Circo |
|
Regato do Circo |
|
Vista da caseta e escombros dende a outra ladeira |
|
Entrada a mina |
|
Galería central |
|
Galería leste |
|
Galería norte |
|
Galería sur |
|
Detalle do muro da caseta |
|
Escombros da mina |
|
Respiro da mina |
|
Caseta da mina |
|
Caseta da mina |
2 comentarios:
Muy interesante y aún más el cómo la halláis de forma aérea.
Algo difícil de ver.
¿Era de wolfran?
Xa falaremos con calmo cando cadre, no vrao.
Deica entón :)´
Bo traballo.
Publicar un comentario