Paradiña é unha aldea abandoada do concello de Monterrei,
pertencente a parroquia de Rebordondo. Situada na unión do Río Rubín con dous
dos seus afluentes, esta aldea quedou deshabitada a principios da década dos 90.
Hoxe en día, esta aldea, é un lugar esquecido para a maioría
da xente da comarca, por iso dende este blog queremos facerlle unha homenaxe a este pobo que nos seus días foi
un paso obrigado para chegar a Limia e no que hoxe so pasa un camiño que
pronto quedará cuberto de maleza.
|
Entrada a Paradiña dende Infesta |
|
Paradiña pertenceu a parroquia de Vilaza ata o arranxo parroquial de 1893 onde pasou a formar parte da parroquia de Rebordondo |
|
A maioría das casas están construídas con material xistoso e so nalgunhas portas podemos encontrar algunha pedra granítica |
|
Esta casa, situada a entrada da aldea por Infesta, é a máis grande da aldea e a que mellor estado de consevación ten |
|
Entrada a capela de San Pacio, único edificio relixioso que existía na aldea |
|
Ponte que une Paradiña con Rebordondo |
|
Como se pode apreciar, esta ponte de un so ollo e dunha factura bastante nova, de mediados do século XX aproximadamente |
|
Fonte que se atopa xusto embaixo da ponte |
|
No Dicionario xeográfico-estadístico-histórico de Pascual Madoz de 1849, Paradiña aparece como: Parada da Serra, pertencente ó concello de Laza e a parroquia de Vilaza. Nela existían 5 casas habitadas e 20 veciños |
|
Casa da María do Arangaño, unha curandeira que vivíu en Paradiña e que curaba coa auga dos ríos que por alí pasan |
|
Só a capela conserva parte do tellado, o resto de casas , como se pode ver na fotografía, están nun estado ruinoso |
|
Unha das rúas de Paradiña |
|
Escaleiras que levaban a un colmear |
2 comentarios:
Muy bueno, mis bisabuelos eran de ese pueblo y ya hace años que no voy a ver como esta.. es espectacular el trabajo que has realizado.
Si tienes mas fotos del pueblo me gustaria verlas, muchas gracias y un saludo.
Mis bisabuelos también eran de ese pueblo
Publicar un comentario