Esa sensación de estar abrindo unha fiestra cara ó pasado, de poder pornos na pel dos nosos avós ou de poder visitar lugares que hoxe están totalmente cambiados, é unha sensación única, por iso, con esta publicación quero dar comezo a unha serie de entradas no blog con vídeos antigos da comarca, para poder ver a nosa terra tal como a viron os nosos avós, ou incluso bisavós.
Para comezar, tráiovos a gravación máis antiga que encontrei. Trátase dun fragmento do filme documental: "Un viaje por Galicia". Este filme foi gravado no ano 1929 por encargo das catro deputacións galegas para dar a coñecer as paisaxes e monumentos de Galicia, e claro está, entre eses monumentos non podía faltar o Castelo de Monterrei.
¡Espero que disfrutedes das imaxes!
3 comentarios:
Interesantísimo aínda que sexa tan pouco tempo
Saúdos
Moi instructivo, quedo a espera do próximo
Foi un pracer visionar un retazo de historia de cando vivían os nosos abós.
Publicar un comentario