sábado, 9 de agosto de 2014

Primeiras grabacións da comarca de Monterrei: O castelo en 1929

Por algunha estraña razón a maioría de nos encántanos curiosear entre fotografías e filmes antigos.
Esa sensación de estar abrindo unha fiestra cara ó pasado, de poder pornos na pel dos nosos avós ou de poder visitar lugares que hoxe están totalmente cambiados, é unha sensación única, por iso, con esta publicación quero dar comezo a unha serie de entradas no blog con vídeos antigos da comarca, para poder ver a nosa terra tal como a viron os nosos avós, ou incluso bisavós.

Para comezar,  tráiovos a gravación máis antiga que encontrei. Trátase dun fragmento  do filme documental: "Un viaje por Galicia". Este filme foi gravado no ano 1929 por encargo das catro deputacións galegas para dar a coñecer as paisaxes e monumentos de Galicia, e claro está, entre eses monumentos non podía faltar o Castelo de Monterrei.


¡Espero que disfrutedes das imaxes!











3 comentarios:

d:D´ dixo...

Interesantísimo aínda que sexa tan pouco tempo
Saúdos

Unknown dixo...

Moi instructivo, quedo a espera do próximo

César dixo...


Foi un pracer visionar un retazo de historia de cando vivían os nosos abós.